Xornadas do 25N en Allariz: educación, cultura e compromiso pola igualdade

O Concello de Allariz pon en marcha un ano máis as Xornadas do 25N para conmemorar o Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres

O Concello de Allariz, a través da súa Área de Benestar Social, pon en marcha un ano máis as Xornadas do 25N, unha programación especial con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra o 25 de novembro.

A presentación do programa tivo lugar esta mañá, coa asistencia da concelleira de Benestar Social, Tania Álvarez, e da técnica de igualdade, Cristina Outeiriño, quen deron a coñecer as diferentes actividades que se desenvolverán ao longo do mes e destacaron a importancia de continuar traballando desde todos os ámbitos para erradicar as violencias machistas.

Con esta iniciativa, o Concello reafirma o seu compromiso coa igualdade de xénero e coa loita contra todas as formas de violencia machista, promovendo accións de sensibilización, educación e reflexión colectiva dirixidas a toda a cidadanía.

A programación abrangue diferentes propostas destinadas a diversos públicos e idades:

  • O obradoiro “Conectad@s: relacionándonos coa contorna virtual”, dirixido ao alumnado de 4º da ESO do IES de Allariz, celebrarase os días 5 e 10 de novembro. Esta actividade ten como obxectivo fomentar o uso responsable das tecnoloxías e promover relacións máis respectuosas e igualitarias no ámbito dixital. dende a Asociación Aliad Ultreia presentan un proxecto onde a través da investigación, o descubrimento e o traballo en equipo, van a xerar mecanismos para estar alerta e tomar precaucións frente aos novos riscos creados a través das pantallas. financiada pola secretaría xeral de igualdade

  • O contacontos “Vamos ao recreo” terá lugar o sábado 15 de novembro ás 11:30 horas na Casa da Cultura. Trátase dunha proposta lúdica e educativa pensada para o público infantil, a partir de 3 anos, con entrada de balde ata completar a capacidade da Casa da Cultura. esta proposta nos acerca aos estereotipos de xénero e como con pequenos cambios se pode conseguir a igualdade

  • O monólogo “ELAS” representarase o domingo 23 de novembro ás 18:30 horas na Casa da Cultura. É unha peza teatral que convida á reflexión sobre as vivencias,as historias de vida, as resistencias e as fortalezas das mulleres ao longo da historia. A entrada será gratuíta ata completar a capacidade da Casa da Cultura e o espectáculo está dirixido ao público adulto.

  • O martes 25 de novembro, ás 12:00 horas na Praza Maior, terá lugar a lectura do manifesto institucional contra a violencia cara ás mulleres, acto central das xornadas, no que o Concello e a veciñanza amosarán unha vez máis a súa unidade e compromiso contra a violencia de xénero.

As Xornadas do 25N contan coa colaboración do IES de Allariz e o apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e forman parte do traballo continuado que o Concello desenvolve durante todo o ano para promover unha sociedade máis igualitaria, segura e libre de violencias.

 

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.