O Festival Abanea 2024 celebrará a súa terceira edición do 17 ao 21 de xullo, despregando un formato festivo e autonómico que abarca diferentes localidades galegas.
Este ano, o festival achegará a danza a 5 concellos das 4 provincias galegas: Foz (Lugo), Outes (A Coruña), Ames (A Coruña), Marín (Pontevedra) e Allariz (Ourense).
Durante a presentación de onte, celebrada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, desvelouse o programa desta terceira edición. Alberto Conde, concelleiro de Cultura de Allariz, estivo presente no evento.
Abanea destaca por levar a danza a vilas medianas e pequenas espalladas por todo o territorio galego, promovendo a arte e a cultura a diferentes espazos.
En total, o programa deste ano inclúe 16 funcións realizadas por 10 compañías de danza procedentes de Euskadi, Cataluña, Andalucía, Galicia, Madrid, Portugal e México. Ademais, haberá 18 actividades de mediación dirixidas por recoñecidos profesionais como Alejandra Balboa, Paula Quintas, Carlota Mosquera e Marta Alonso Tejada.
Programación en Allariz:
O 21 de xullo, o festival chegará a Allariz cunha programación destacada:
Actividades de Mediación I:
Obradoiros para a Comunidade
Obradoiro: Danza en Familia
Dirixe: Paula Quintas
Hora: 18:00 h
Lugar: Xardíns do Museo do Coiro (Se chove, na Sala de Exposicións A Fábrica)
Duración: 60 minutos
Inscrición previa: 988 440 859 ou no 607 592 016
Destinatarias: Rapazada acompañada dunha persoa adulta
Este obradoiro ten como obxectivo que nais, pais, fillas e fillos desfruten dunha sesión de danza conxunta mediante xogos e exercicios que despois poden repetir na casa. A danza en familia é unha actividade de expresión, comunicación e imaxinación que fortalece o vínculo afectivo entre os membros da familia nun contexto lúdico e creativo.
Programación de Espectáculos
Hora: 20:30 h
Lugar: Praza do Matadoiro (Se chove, Pavillón Municipal)
Espectáculos:
-
“Pensar a Contratempo”
Artista: Suevia Rojo / Galicia – Portugal
Duración: 15 min
Sinopse: Reflexión sobre a identidade e o cambio ao longo do tempo. -
“En Cuclillas”
Compañía: Colectivo Premohs / Andalucía
Duración: 13 min
Sinopse: Exploración da memoria e a identidade a través de distintas formas de danza, dende o flamenco ata o urbano. -
Pista de Baile con Big South
Duración: 40 min
DJ set: Abanea
Colaboran: Big South, Swing and Dance Culture
Big South é unha escola de swing que promove a integración da arte na vida social a través da música swing e os seus bailes.
Para máis información sobre o festival e a programación completa, visita Abanea.gal