Andrea elabora con leite de burra un champú sólido.
A Asociación A.N.D.R.E.A, coa colaboración do Concello de Allariz, presenta un novo produto, un champú sólido elaborado con leite de burra en San Salvador dos Penedos en Allariz. Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz ,María López, concelleira de Promoción Económica e Elsa Pérez presentaban esta mañá o produto no entorno de San Salvador dos Penedos, sede da Asociación Andrea.
Trátase dun champú nutririvo elaborado con aceites ecolóxicos enriquecido con leite de burra e manteiga de karité BIO, compoñentes xa clásicos dos xabóns marca Xabón D’Allariz.
O leite de burra posúe propiedades NUTRITIVAS, REXENERADORAS E SUAVIZANTES para o cabelo, grazas ás vitaminas que contén e sobre todo, polo seu alto contido en RETINOL NATURAL (vitamina A), que repara as puntas abertas e o cabelo fráxil, quebradizo, deixándoo con brillo e suavidade.
A Manteiga de Karité BIO achega propiedades HIDRATANTES para o cabelo.Xabón D’Allariz Champú Sólido BIO é un champú cremoso, nutritivo e acondicionador natural que devolve a hidratación e a vitalidade ao cabelo seco e danado.
A esta base tan cremosa engadímoslle ACEITES ESENCIAIS.
ACEITE ESENCIAL DE ROMERO BIO. O aceite de romeu estimula a circulación propiciando o crecemento e fortalecemento do cabelo. Regula o exceso de graxa e a caspa. Alivia a irritación.
ACEITE ESENCIAL DE CEDRO. Os compostos bioactivos deste aceite esencial melloran a saúde do coiro cabeludo seco, con caspa, graxa, inflamación ou eccema. Indicado para todo tipo de cabelos, tanto graxo, mixto ou seco. Ideal para o coiro cabeludo sensible. Aplicar cunha suave masaxe na raíz e o cabelo.
• Respectuoso co medio ambiente: embalaxe sen plástico.
• Gran durabilidade: unha pastilla de champú sólido equivale a 3 botes de champú líquido.
• Sen sulfatos
• Sen parabenos
• Sen conservantes
• Sen silicona
O champú elabóranse artesanalmente en Allariz, Ademais é un produto ético e solidario: os beneficios obtidos pola venda do champú e os xabóns dedícase integramente a subvencionar os Programas de Terapia asistida con animais da Asociación A.N.D.R.E.A. para persoas con discapacidade.
Xabón D’Allariz é un proxecto non produtivo froito da colaboración entre a Asociación A.N.D.R.E.A. (Asociación para a Defensa, Recuperación e Estudo Terapéutico da Especie Asnal) e o Concello de Allariz. Este proxecto conxunto púxose en marcha no ano 2008 como unha experiencia en San Salvador dos Penedos, enmarcada dentro dun proxecto de recuperación e dinamización de superficies e poboacións rurais da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”. Esta experiencia pioneira afectou a un núcleo de poboación deshabitado e a súa contorna, que se atopan nunha zona de especial protección dentro da Reserva.
A actividade da Asociación A.N.D.R.E.A é un proxecto integral de apoio ao desenvolvemento rural baseado principalmente na posta en marcha de servizos de benestar social e aproveitamento dos recursos naturais, a través dos seus tres liñas de actuación:
• O Centro de Acollida de Burros abandonados e/o maltratados.
• O Centro de Terapia asistida con Burros para persoas con discapacidade física, psíquica e/o social.
• O Programa de dinamización do rural.
Cristina Cid, falaba da importancia deste tipo de proxectos para manter vivo o noso rural, o champú polo de agora pode mercarse directamente na asociación Andrea e jno mercado da reserva da biosfera todos os sábados pola mañá, proximamente poderá atoparse en novos puntos de venda.
A Asociación A.N.D.R.E.A. ofrece a posibilidade de coñecer de preto a actividade do Centro de Acollida de burros abandonados e maltratados.
Información para as visitas desta asociación podes consultar a súa páxina web https://asociacionandrea.wordpress.com/servicios/visitas/