O paseo da Alameda convértese, esta fin de semana,  en escaparate do comercio local coa celebración dunha nova edición do mercado de verán, organizada por comerciantes e Concello de Allariz.

Os días 10 e 11 de agosto preto dunha vintena de comercios alaricanos  ofrecen descontos en moda, complementos, libros e artesanía entre outros. Ademais este evento incorporará actividades infantís e o sorteo de tres vales, con valor de 100€ para investir no comercio local, no que poderán participar as persoas que se acheguen ao mercado que estará aberto, ininterrompidamente de 10:00h a 21:00h.