Hoxe pola mañá as dependencias municipais acolleron a presentación da XXIII edición da Andaina de Allariz ca presenza da concelleira de Deportes, Helena Suárez, o concelleiro de Medio Ambiente Bernardo Varela e o técnico de Deportes Roberto Naranjo.
Co obxectivo de facilitar a participación daquelas persoas que habitualmente traballan os sábados, no 2019 a área de deportes de Allariz tomou a decisión de cambiar a data de celebración e reducir o itinerario para favorecer que o percorrido poda cambiarse e coñecer e gozar doutros espazos da Reserva da Biosfera.
Co formato renovado a edición a XXIII Andaina constará dunha ruta longa de 25km e outra curta de 10km pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas.
Este ano como explicaba Helena Suarez, concelleira de deportes de Allariz, queren fomentar a sostibilidade, por iso durante a Andaina de 2022 aos participante se lles entregará co dorsal unha botella de aluminio para que enchan nos puntos de avituallamento.
Como explicaba o técnico de deportes, Roberto Naranjo, a saída da etapa longa serás ás 09:00h da Alameda de Allariz, cunha dificultade media. O percorrido desta etapa percorrerá unha parte do Camiño de Santiago ao seu paso por Allariz.
A etapa curta será ás 11:00h sendo a dificultade baixa percorrendo as marxes do río Arnoia nunha ruta circular de Allariz ao Ecoespazo O Rexo. .
O prazo de inscrición estará aberto entre o 9 e o 27 de maio. Cun prezo de 12€ público adulto e de 8€ para nenos e nenas de ata 8 anos, ademais de servizos de avituallamento, comida, masaxistas e duchas para o final da etapa.
Toda a información en www.allariz.gal/andaina