A Andaina de Allariz este ano celebrará o seu 23 aniversario. O día escollido para a edición do 2020 será domingo 24 de maio cun percorrido renovado para a mesma.
Co obxectivo de facilitar a participación daquelas persoas que habitualmente traballan os sábados, a área de deportes de Allariz tomou a decisión de cambiar a data de celebración e reducir o itinerario para favorecer que o percorrido poda cambiarse e coñecer e gozar doutros espazos da Reserva da Biosfera.
O prazo de inscrición aínda no está aberto pero poderedes facer consultas ou informarvos no teléfono 988 44 20 83 ou piscina@allariz.com.