A Aula de Espera é unha iniciativa de atención á infancia, que ofrece aos pais e nais dos escolares a posibilidade de deixalos no centro con anterioridade ao inicio das clases.
Este ano a viabilidade da actividade valorarase en función da situación sanitaria.
As persoas interesadas neste servizo poden pedir información ou presentar a preinscrición, a través do teléfono 988 554 059 do Fogar dos Maiores ou no correo fogardosmaiores@allariz.com.”