A área de Educación e Igualdade do Concello de Allariz retoma a súa programación logo das vacacións de Nadal.

Radio Allariz emitirá todos os martes, de 11.30h a 13.00h, o espazo Vivir na Ziralla, un programa feito por e para os maiores e no que tratan temas de actualidade e interese xeral.

A Escola de Familias comeza a súa andadura, con reunións mensuais  coas familias para falar de educación; e nas Asociacións Veciñais (Santa Mariña e Meire) a técnica de Igualdade, Ana Cardoso, comezará unha nova programación adicada a fomentar a calidade de vida das persoas , tendo en conta a perspectiva de xénero, polo tanto a igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Para participar nas actividades programadas dende o Fogar dos Maiores é preciso informarse, a través do teléfono 988 554 059 ou do correo electrónico fogardosmaiores@allariz.com