A área de Igualdade do Concello de Allariz ultima os detalles para a celebración, o 25 de novembro, do día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Organiza unha programación chea de actividades que terán lugar entre os días 22 e 26 de novembro.
As actividades, centradas na educación e formación, comezarán o venres 22 co obradoiro “Implicacións do feito sexuado na convivencia” dirixido a persoal político e técnico e impartido por Samuel Díez e Almudena Herranz, profesores do Instituto de Sexoloxía INCISEX. No día seguinte terá lugar o obradoiro “Actitudes na Intervención Socioeducativa!” dirixido, neste caso, a profesionais.
A xornada do 25 de novembro conta con actividades nas que poderán participar tanto pequen@s como maiores. Un contacontos no colexio Padre Feijóo de Allariz para fomentara convivencia, a lectura do manifesto na Praza maior coa actuación teatral de Silvardeiras Teatro e unha mesa redonda na que participarán as Doulas Sororas, representantes do Concello de Allariz, ASEIA e Ser-Con, centrarán o día internacional da eliminación do violencia contra as mulleres.
As xornadas terán a súa fin o día 26 co obradoiro “A Entrevista Motivacional como ferramenta para as violencias” impartida por Jesús Apolinar Álvarez.