A área de Igualdade do Concello de Allariz presentou as actividades para a celebración, o 25 de novembro, do día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Co lema “Por un mellor convivir” presentáronse as actividades que terán lugar entre os días 23 de novembro e 2 de decembro.

O martes 23 de novembro terá lugar a Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero ás 18:30h no Fogar dos Maiores.

O xoves 25 de novembro colocarase a pancarta na Casa do Concello ás 12:00h e darase lectura ao manifesto na Praza Maior para conmemorar o día internacional da eliminación do violencia contra as mulleres . No ano 1999 a Organización das Nacións Unidas (ONU) designou oficialmente o 25 de Novembro como Día Internacional pola Eliminación das Violencias contra as Mulleres en lembranza da data na que as irmás revolucionarias Teresa, Patricia e Minerva Mirabal, foron presas, torturadas e brutalmente asasinadas na República Dominicana.

O teatro formará parte nas actividades programadas, coa obra “12 Uvas, 2 Mulleres e 1 Oliva” da compañía Olivas Negras o venres 26 de novembro. Para anotarse a esta actividade e necesario facer a reserva da entrada, que será de balde, no Fogar dos Maiores ou chamando ao 988 554 059 en horario de 09:00h ás 14:00h de luns a venres.

As Doulas Sororas dende fai anos, desenvolven unha labor de acompañamento e apoio. O luns 29 de novembro terán un reencontro ás 16:30h no Fogar dos Maiores.

E o 2 de decembro, poderase escoitar o podcast C de Comunidade na Plataforma para a Convivencia creada no 2020.

https://www.allariz.gal/igualdade/listado.php?id_categoria=2

Para máis información poderedes enviar un correo a igualdade@allariz.gal ou chamar ao 988 554 059.