A Asociación Española de Paisaxistas (AEP) organiza o vindeiro venres 3 de outubro de 2025 en Allariz (Ourense) unha xornada profesional baixo o lema “Imaxinación en flor: a arte do xardín efémero”.
O encontro reunirá no fogar do Maior de Allariz a especialistas, académicos e profesionais do paisaxismo nun programa que combina conferencias, mesas de debate, experiencias creativas e unha visita ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz.
Entre os relatores destacan Francisco García (director do Festival de Xardíns de Allariz), Íñigo Segurola (paisaxista e socio da AEP), José Souto (Innova Paisaxes), Sinda Dávila (paisaxista e socia da AEP) e representantes de universidades e escolas de paisaxe, que participarán nunha mesa redonda sobre a creatividade no deseño efémero.
O programa inclúe tamén a entrega dos premios Xardín Galego de AGAEXAR, unha sesión de Pecha Kucha con estudantes de paisaxismo e unha visita guiada ao festival, que se ten consolidado como un referente europeo neste ámbito.
A inscrición ten un custe de 30 € para socios/as da AEP e de AGAEXAR e 40 € para non socios/as, e inclúe café, xantar e entrada ao festival.
👉 Formulario de inscrición: https://forms.gle/ZSVpcnvZoXyAwnph8