A Asociación Puzzle de Allariz traballa, dende o ano 2007, con persoas con diversidade funcional. Dende a igualdade e o respeto presentamos un espazo no que poidan desenvolverse persoal, social e laboralmente para mellorar a súa calidade de vida e tamén a das súas familias. Traballamos coa intención de potenciar a súa autoestima e para elo asegurámonos de que se sintan seguros no seu entorno.

Nestes espazos lévase a cabo unha labor social imprescindible, xa que os usuarios síntense cómodos para compartir experiencias, vivencias e bos momentos. No día a día, traballamos para lograr unha rutina saudable que favoreza a autonomía de todas aquelas persoas que participan das actividades que ofrece a asociación.

Entre outras cousas, debido á complexa situación que se lles presenta ás persoas con diversidade funcional para ser contratadas, facilitamos actividades para que adquiran e melloren as súas habilidades, coñecementos e formación, co obxetivo de pasar a formar parte do mundo laboral.

Tamén realizamos actividades para o entretemento acudindo á piscina ou participando na radio local cun programa que preparamos entre todos e todas. Ademais doutros obradoiros como o de habilidades sociais, actividades manuais, novas tecnoloxías… Así como saídas culturais e actividades medioambientais.

Dende a Asociación Puzzle convidámosvos a colaborar con nós como voluntarios. Se vos interesa enviádenos un correo electrónico a puzzle@allariz.com.