A Banda Unión Musical de Allariz está de viaxe en Azores (Portugal) ata o día 17 de setembro para participar na celebración dunha nova edición do festival internacional de bandas “Música 4D” que organiza a Banda FundaÇao Brasileira.

Este intercambio intercultural terá a súa volta no 2019 en Allariz coa participación da banda anfitirona nas illas portuguesas  na Festa de San Bieito, patrón da vila alaricana.

Durante dous días a banda de Allariz participará en diferentes viaxes e excursións polas illas  e actuarán no concerto do sábado 15 e o desfile do domingo 16.

A Escola da Unión Musical abre o prazo de inscrición

Xa está aberto o prazo de inscrición para o novo curso da Escola de música da Unión Musical de Allariz. As persoas interesadas poden formaliza  a matrícula nas instalacións da antiga radio.