A Biblioteca Municipal de Allariz convoca a primeira edición do Certame de Relato Curto Afeccionados con motivo do Día das Letras Galegas 2021.
Un relato curto narra unha historia ficticia nun espazo de tempo curto, poucas personaxes, descricións breves e escasas divagacións. Mostra o que ocorre e ensina a historia a través dunha acción estruturada deixando ao lector que deduza parte dos feitos e se atope cun final inesperado.
A técnica da Biblioteca Municipal explica que o obxectivo principal deste certame é crear un espazo común co fin de promocionar a creación literaria en lingua galega.
Esta primeira edición do certame contará con tres categorías. A primeira ata os 11 anos, a segunda de 12 a 17 anos e de 18 anos en adiante. Cada categoría terá 3 premios que serán vales para gastar no Comercio Local de Allariz.
O prazo de envío dos textos finalizará o 12 de maio de 2021 ás 14h00. O fallo do xurado darase a coñecer o 17 de maio tanto en Facebook como no xornal.
Para mais información poderás consultar aquí as bases.