Un autobús dos recoñecidos Bolechas e dúas carpas informativas instalaranse, os días 20 e 21 de xuño, na estación de autobuses de Allariz.

A iniciativa responde á  campaña “O que se enchufa, recíclase” de concienciación para fomentar a correcta xestión e a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).

O xoves e venres instalarase, na estación de autobuses un posto informativo para darnos a coñecer as nosas obrigas e dereitos en relación á xestión e reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos. Ademais o público infantil tamén terá o seu espazo no bus dos BOLECHAS, que colaboran activamente nesta campaña.