A programación de verán da Casa da Mocidade do Concello de Allariz arrancará o próximo 25 de xuño entendéndose ata finais do mes de setembro.

Un ano máis a Área de Mocidade organiza actividades para os/as mozos/as alaricanos/as durante os meses de verán.

As actividades arrancarán o 25 de xuño cun concerto ao aire libre da artista galega Pauliña.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro poderase participar en actividades ao aire libre como rutas de sendeirismo. O Camiño dos Faros en etapas será unha das saídas de interese desta tempada, excursións a parques acuáticos, xogos nocturnos pola vila, obradoiros de radio e de gravación completan esta variada  programación.

Este ano, despois do éxito das saídas para ver as estrelas no 2020, haberá  tamén un obradoiro astronómico na segunda quincena de setembro impartido por Dositeo Veiga organizador de AstroGalicia co obxectivo de aprender os conceptos básicos do ceo nocturno.

Asemade ponse en marcha un concurso de Tiktok en galego no que haberá que estar atento ás redes da Mocidade para coñecer todos os detalles.

Iago Santás concelleiro de Mocidade confía en que as actividades sexan do interese dos mozos e mozas e que se animen a participar nesta  programación de verán  que tenta abarcar opcións para todos os gustos.

Para  información  e inscrición nas actividades facilitase o correo mocidade@allariz.gal, e o telefono  988 680 434 ou na mesma Casa da Mocidade.