As obras acometidas na Casa Consistorial comezaban no mes de setembro cunha reforma tanto en interior como no exterior.

Como explicaba Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, durante a rolda de prensa acometer unha intervención destas características o que buscaba era obter “un edificio máis accesible e enerxéticamente máis eficiente”.

Como explicaba Celestino Feijóo a obra realizada foi complexa, xa que compaxinar as obras e a atención ao publico foi difícil de coordinar, xa que afectaba a zonas comúns.

As obras acometidas na Casa Consistorial poderíamolo desglosar en dous apartados: aforro enerxético e a accesibilidade.

No que ten que ver co aforro enerxético o cambio da carpintería exterior substituíndo a existente por unha nova supuxo unha mellora encamiñada a este afooro. Tamén se cambiaron as luminarias interiores a led para o mesmo fin.

No que ten que ver coa accesibilidade realizouse a instalación dun elevador que cumpre os criterios de rexeneración de enerxía e a colocación dunha rampla con porta automática na entrada do edificio para facilitar a atención ao publico en xeral.

Tamén se reformaron os aseos no edificio coa adaptación dun deles para discapacitados así como a remodelación dos outros dous.

Así mesmo tamén se aproveitou a reforma para reestruturar as dependencias administrativas para mellorar os servizos de atención ao publico.

Cristina Cid tamén aproveitaba a comparecencia para agradecer aos grupos que forman parte da corporación municipal polo apoio e a colaboración para que as obras acometidas foran posibles.

O financiamento das obras acometidas na Casa do Concello de Allariz proceden de tres administracións. O primeiro convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello de Allariz, na que a contribución do organismo autonómico ascende a 60.000€ e un segundo convenio firmado coa
Deputación de Ourense de 50.000€. A achega municipal para este proxecto ascendeu a 45.000€. o que supón que o custe das obras acometidas ascendeu a 155.000€.