Os datos indican que este ano 2020 é unha nova oportunidade para acreditar que as políticas de separación, recuperación e reciclaxe teñen o respaldo maioritario da veciñanza. Felicitamos a todas aquelas persoas que contribúen a estes resultados e reclamamos que aquelas que non o fan se sumen o esforzo colectivo pois queda moito camiño por andar.

Ata o mes de setembro tivemos un incremento do 17% de recuperación de envases (117.220Kg de plástico fronte aos 101.160Kg do ano 2019).

Bernardo Varela, Concelleiro de Medio Ambiente, insiste que estas cifras tamén nos deben facer reflexionar sobre o uso dos envases (plásticos, recipientes e latas) facendo un esforzo na redución dos mesmos cando sexa posible.

Doutra banda os datos de vidro a 31 de agosto de 2020 manteñen tamén un comportamento alcista con 141.720 kg recuperados fronte ós 140.320Kg  da mesma data do ano anterior.

Sorprende este dato si temos en conta que durante o confinamento  deuse unha redución de vidro no sector hostaleiro que supuxo 20.000 Kg menos nos meses de marzo, abril e maio. Esta baixada viuse compensada co incremento acadado na recuperación de vidro nos meses de verán.  Isto dá idea do compromiso que o sector da restauración, coa suma dos veciños, teñen na recuperación desta fracción dos residuos.

Bernardo Varela comenta, que “o camiño iniciado coa compostaxe dos bioresiduos, ten o seu fiel reflexo na recuperación dos envases (contedor amárelo) e do vidro (sistema iglú). Os pasos dados son firmes cara á sustentabilidade e a responsabilidade compartida da administración local e a cidadanía, máis sen dúbida queda moito treito por avanzar”.