O mércores 31 de xullo haberá sesión extraordinaria do Pleno da Corporación ás 20.00 horas na Casa do Concello de Allariz.
ORDE DO DÍA
1. ACTAS. – Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior correspondente
ao 14/05/2024.
2. Resolucións adoptadas pola Alcaldía dende a última sesión.- Dar conta.
3. Calendario de festivos locais (Expte. SSPP2024.09). – Aprobación, se procede, das festas
locais para o ano 2025.
4. Convenio entre a Secretaría de Estado de Seguridad (Dirección Xeral da Policía) e o
Concello de Allariz para a instalación dun Posto de Actualización de Documentación (PAD). –
Aprobación, se procede.
5. Convenio para a asunción pola Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para as diferentes categorías dos corpos de Policía Local e as prazas de auxiliares de Policía Local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Allariz. – Renuncia, se procede.
6. CONTA XERAL 2023.- Aprobación definitiva, se procede.
7. REATUR, S.A.- Constituído o Pleno en Xunta Xeral da empresa municipal Reatur S.A.,
aprobación, se procede, da conta anual do exercicio 2023.
8. ROGOS E PREGUNTAS.