O Concello de Allariz presentou  na mañá de hoxe Cultura no Verán 2020, programación cultural para esta tempada.

Unha trintena de actividades culturais programadas ocuparán os meses de verán en Allariz. Con limitación de aforo, en espazos acoutados, en rúas, co público sentado pero sobre todo actividades ao aire libre con formatos que eviten as aglomeracións.

O comezo de todas estas actividades  será o 11 de xullo, día de  San Bieito, e o remate, a fin de semana do 19 e 20 de setembro.

A Cultura no verán estará repartida por moitos dos espazos ao aire libre que conta Allariz, garantindo sempre o cumprimento das medidas de seguridade  e evitando  as aglomeracións, para que todas as persoas que se acheguen a gozar de calquera das actividades, o fagan con todas as garantías posibles.

A música, o teatro, exposicións, as festas  gastronómicas, a astronomía, a arqueoloxía, artesanía, actividades deportivas, festival de curtas son varías das moitas actividades que neste verán atoparás en Allariz.