A Area de Cultura do Concello de Allariz acaba de dar a coñecer premiados no Concurso dos Maios 2020.
O concurso consistía na confección dun maio na casa, enxebre ou artístico. Tamén se podía participar cun maio con materias que reciclaxe que houbera nas casas.
A participación da veciñanza de Allariz quedou representada neses 27 maios que entraron en concurso nesta edición de 2020.
O primeiro premiado, cun bono de 100€ para gastar no Comercio de Allariz foi Nuria Maus, co maio “Pirámide”. O segundo premio, un bono de 80€, levouno “O lar da esperanza” realizado por Mateo e Sabela Gómez e o terceiro premio foi para “O muíño” de Sara e Pablo Bello.
Agradecemos a participación de todas as personas, grandes e cativas, que fixeron desta edición 2020 que fora un éxito e noraboa aos gañadores dos premios.
1ºPremio: Pirámide – Nuria Maus
2º Premio “O lar da esperanza” – Mateo e Sabela Gómez
3º Premio “O muíño” – Sara e Pablo Bello.