A Acearrica acollerá, hoxe, o acto de fin de curso da Escola de Familias “A Orella Verde”. A partir das 17:00h as familias compartirán merenda e xogos ademais de elaborar a avaliación final do curso coa finalidade de seguir mellorando, partindo das motivacións e necesidades das familias.

A Escola de Familias

Este recurso municipal, dirixido ás familias, acompáñaas no proceso educativo familiar, apoiándoas e ofrecéndolles un espazo para o intercambio de experiencias familiares.

Participaron 15 familias, de xeito habitual, en dúas sesións mensuais nas que abordaron temas como as familias e as súas funcións, a comunicación e as habilidades, as sexualidades ou as normas e os límites, entre outros.