Na Escola de Familias, o 22 de febreiro ás 16h no Fogar dos Maiores,  con intención de completar as actividades deste mes, adicado á comunicación e ás habilidades para a resolución de conflitos, impartirase o obradoiro “O lugar do adulto/a ante o conflito familiar”. Mario García Agudo, experto en Mediación e Xestión de Conflitos, e Cristina Martínez, psicóloga especialista xurídica,  ambos técnicos en mediación no programa ALENTO-ASEIA, serán os encargados de dalo.

A Escola de Familias é un recurso do Concello de Allariz a disposición das familias para interactuar en temas relacionados coa Educación Familiar. O número de familias que asisten é sobre quince, cun alto grao de motivación. Ademais, poden acudir familias que non teñan asistido con anterioridade.

charla aseia