A Escola Galega de Apicultura, con sede en Allariz, organiza o curso Sanidade e Manexo Apícola dirixido principalmente a apicultores e apicultoras  con experiencia coa finalidade de mellorar a saúde das súas colmeas e a súa produción e rendibilidade das explotacións apícolas.

O curso celebrarase os días 10,11, 24 e 25 de novembro nas Fundación Ramón González Ferreiro, en Allariz, e estará coordinado polos veterinarios de AGA, Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano.  Ademais contarán coa participación de empresas como Pajuelo Consultores Apícolas, empresa de recoñecida experiencia e especializada no asesoramento e formación en apicultura, e Apilarouco, un grupo de apicultores de Cualedro con avalada experiencia na cría de raíñas.

Programa e inscricións:

https://www.apiculturagalega.es/aga-informa/curso/CURSO-SANIDADE-E-MANEXO-APICOLA/94