A Escola Infantil de Allariz abre o prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso 2021/2022.

A partir de hoxe, 24 de marzo e ata o 12 de abril estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para as crianzas de 0 a 3 anos.

O horario de atención será de 09:00h ás 11:30h e de 13:00h ás 15:00h, con previa cita.

A información e documentación está dispoñible na Escola Infantil, rúa Hospital, 27, no teléfono 988 440 219 ou no correo electrónico escolainfantil.allariz@igualdadebenestar.org.

Para máis información podes consultar a web de http://www.igualdadebenestar.org/