O Concello de Allariz chegou a un acordo coa Cooperativa Local Xeitura Xestión Integral do Patrimonio Cultural para a xestión da atención ao público na estación de autobuses de Allariz.
A partir do día 3 de febreiro, o horario de apertura da oficina da estación, situada na rúa Emilia Pardo Bazán, será os luns e os mércores de 10:00h ás 14:00h e de 15:00h ás 17:00h para a venda de billetes e atención ao público.
Os días de feira (1 e 15) que coincidan fora de horario de apertura, a oficina permanecerá aberta sempre que sexa de luns a venres.