Debido as restricións tomadas pola Xunta de Galicia para paliar a incidencia da Covid-19, o Concello de Allariz soamente habilitou a postos agroalimentarios durante eses días pasados.

Dende o consistorio de Allariz infórmase que este sábado, 27 de febreiro, retómase a Feira coa totalidade dos postos habilitados.  A situación sanitaria do Concello mellorou nas últimas semanas e o nivel de contaxios situouse nun nivel similar ao do mes de decembro.

O Concello  solicita novamente a colaboración, tanto da cidadanía en xeral como dos e das ambulantes, para o cumprimento de todas as normas sanitarias pois é necesario continuar mellorando a situación epidemiolóxica da localidade.