Como xa leva acontecendo dende o verán do ano pasado, e tras unha nova ordenanza municipal, as feiras en Allariz celébranse todos os sábados.

Porén, tras chegar a un punto en común co colectivo de vendedores ambulantes que están habilitados en Allariz e respectando así o acordado na reorganización das datas de Allariz, decidiuse manter a Feira do día 15, independentemente do día da semana no que esta caera. Desta forma, a semana que vén a feira terá lugar o domingo 15 en lugar do sábado 14.

A finalidade deste novo modelo de feira semanal, segundo afirmou a Alcaldesa do Concello de Allariz, foi a de  incrementar a capacidade de atracción de visitantes e asegurar que comercio e hostalaría reciban un fluxo constante de xente dende primeiras horas da mañá dos sábados tendo continuidade ao longo de toda a fin de semana.