A Área de Cultura do Concello de Allariz organiza un ano máis a tradicional Festa dos Maios.

O venres 28 de abril, na Alameda de Allariz, terá lugar a celebración da Festa dos Maios 2023. Dende as 11:30h da mañá o espazo acollerá a chegada dos maios e o concurso de coplas. Para celebrar este día a música correrá ao cargo do grupo de gaitas De Pé Feito.

A participación está aberta ao público en xeral e para facela efectiva deberás inscribirte na Casa da Cultura de Allariz. O prazo está aberto ata o 26 de abril e poderás participar tanto na modalidade de coplas como na de maios.

Todos os maios que participen estarán expostos durante a fin de semana. A Alameda acollerá durante tres días os traballos presentados nesta edición 2023 para que todas as persoas que queiran se acheguen a velos.

Para máis información ou para inscribirte podes achegarte a Casa da Cultura de Allariz, chamar ao 988 440 859 ou enviar un correo a cultura@allariz.gal.

Consulta aquí toda a información sobre as bases tanto do Concurso de Maios como para o Concurso de Coplas  BASES CONCURSO MAIOS 2023