A Fundación Ramón González Ferreiro abre hoxe o prazo para inscribirse nunha nova edición do “Rural Camp”, os campamentos de verán que se desenvolven nas instalacións de Paciños.
Esta actividade está dirixida a menores de idades comprendidas entre os 9 e 16 anos co obxectivo de que os mozos e mozas entren en contacto coa natureza e o mundo rural a través de xogos, obradoiros e actividades de lecer.
Os campamentos divididos en diferentes quendas segundo a idade dos participantes abren o prazo para participar durante unha semana en actividades como tiro con arco, zumba, pilates ou outras máis novidosas como pastoreo ou mindfulness, ademais doutras sorpresas
Para inscribirse é preciso contactar coa Fundación Ramón González Ferreiro no teléfono 988 436 182 ou do correo electrónico info@fundacionrgf.org