Fai uns días, antes de que se decretara o estado de alarma, The Alaricans presentou o seu disco no centro educativo de Allariz.
The Alaricans ,é un grupo de rock formado por todo o alumnado de sexto de primaria do CEIP Padre Feijóo de Allariz, , e acaban de presentar o seu disco Fin de Ciclo. Este traballo está formado por cinco cancións, con temática moi de actualidade como pode ser a igualdade e a reciclaxe entre outras.
Este primeiro disco foi gravado no propio centro, un proxecto no que gran parte da comunidade educativa estivo implicado.
As finalidades do disco son varias: utilizar o galego como lingua dinamizadora, potenciar a convivencia entre as persoas e conseguir financiamento para a excursión de 6º de Primaria.
Unha das cancións do grupo The Alaricans leva por titulo Allariz. O Concello de Allariz, en colaboración ca agrupación de Protección Civil de Allariz, está a levar a cabo unha nova iniciativa dende onte luns sumándose ao homenaxe que os veciños e veciñas estaban a facer xa. Dende que deu comezo este illamento, a poboación está a sair todos os días a súa ventá ou balcón para aplaudir a todas esas persoas que cada día coidan de nós da forma que sexa.
The Alaricans coa súa canción Allariz estase a convertir no himno desta homenaxe diaria. Todos os días as 20:00h en Radio Allariz, na 107.2FM, soará esta canción para que todos os fogares realicen esa homenaxe diaria e teñan a mesma canción soando.
Grazas a todas esas persoas que día a día coidan de nós e de que non nos falte de nada. E grazas a The Alaricans, por a súa canción Allariz.

Escoita Allariz do grupo The Alaricans aquí ⇓