A Concellería de Benestar Social do Concello de Allariz ven de comunicar a decisión de trasladar a II Escola Sexolóxica de Verán a formato online.

Tendo en conta a situación derivada da COVID-19, e o momento de contaxios que hai na provincia de Ourense, esta Concellería considera oportuno realizar esta modificación, tentando ofrecer un formato que non perda calidade, e resulte o máis produtivo e atractivo posible, para as persoas matriculadas, previndo a exposición persoal dos matriculados e matriculadas.

Deste xeito a organización da escola será a mesma, terá unha duración de 12 horas, as cales se distribuirán do seguinte xeito:

Sesión 1: Introdución teórica á sexoloxía, á biografía e as dificultades (comúns e engadidas).

Sesión 2: Aplicación práctica. Ferramentas.

Sesión 3: As actitudes en relación á sexualidade. Ferramentas.

A maiores o alumnado terá un traballo de lecturas que complementará á formación das sesións anteriores.

Habilitarase unha plataforma para traballar os contidos nas distintas sesións, que será comunicada ás persoas que finalmente participen nesta formación.

Esperamos que este cambio de formato non entorpeza o bo desenvolvemento desta escola.