Allariz acolleu, na mañá de hoxe, a presentación  da V Edición de Terra Máxica. Os Concelleiros de Cultura de Allariz e Baños de Molgas, Alberto Conde e Vanesa Rodríguez xunto co Mago Teto, presentaron esta nova edición que terá lugar os días 26 e 27 de decembro.

Esta iniciativa organizada polo Mago Teto e Culturactiva S Coop G. mantense grazas o traballo en rede dos concellos participantes, nun esforzo por achegar a cultura á cidadanía, non só nos grandes escenarios,senón noutro tipo de espazos, e por dinamizar máis aínda a vida cultural destes concellos a través das artes escénicas,máis en concreto da maxia de primeiro nivel. Esta edición será nunha versión máis curta do habitual pero sen perder a ilusión e a esencia do proxecto.

O Campos dos Brancos en Allariz acollerá o espectáculo do Mago Teto  “Pequenas Grandes Maxias” o próximo domingo 27 ás 12:00h,  sempre que o tempo acompañe, para goce dos asistentes.