O Concello de Allariz, a través da área de Cultura, organiza un ano máis o Entroido en Allariz.
A vila alaricana celebrará os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo a festividade con animación de rúa.
O domingo 27 de marzo haberá animación de rúa coa Charanga La Nota. O pasacalle percorrerá as rúas de Allariz das 12:00h ás 14:00h.
O luns 28 as actividades comezarán as 18:30h. Un espectáculo infantil de rúa fará as delicias dos máis pequenos. “ A captura do dragón” a cargo de Art- Munium sairá do Campo da Barreira.
As 19:30h e ata as 22:30h a Charanga Bicoia animará as rúas de Allariz nesta xornada de luns.
O martes 1 de marzo a Charanga los Furtivos será a encargada da súa música de 12:30h ás 14:30h.
Este ano dende o consistorio quixeron trasladar todas as actividades que se facían durante o Entroido en Allariz a espazos ao aire libre, na que todos e todas podamos participar mantendo as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.
Ademais durante os días de Entroido 6 mecos presidiran os edificios municipais. Este mecos estarán vestidos acorde ao edificio no que está colocado. A Casa do Concello, a Oficina de Urbanismo, Museo da Moda, Fogar dos Maiores e o Museo do Xoguete acollerán a estas personaxes tan características do Entroido.