O Concello de Allariz e a xunta directiva da OCR Vila de Allariz tomaron a decisión de aprazar a proba para o 19 de setembro. A celebración da mesma estaba programada para o 9 de maio pero tomouse esta medida dada a situación tan excepcional que se está a vivir por mor da pandemia global do COVID-19.
Esta modificación de data oferta unha serie de facilidades para as persoas que están anotadas na proba e a nova data non lle encaixa. Poderán ceder o seu dorsal a outro corredor ou gardar o dorsal para a edición do 2021. Ambas accións que supoñan unha alteración no sistema de inscricións da proba deberanse comunicar con antelación no mail: ocrallariz@gmail.com
En canto á inscrición regresa ao tramo anterior de prezo (24€). Todas as persoas que se inscribiron despois do 31 de xaneiro se lle fará unha devolución do custe de diferencia (4€).

Comunicado da xunta directiva da OCR Vila de Allariz