A Aula de Espera de Allariz abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2022-2023.

Atoparás toda a información a través da web https://www.allariz.gal/administracion/aula-de-espera/ .

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica fogardosmaiores@allariz.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitario-Fogar dos Maiores do Concello de Allariz.

A Aula de Espera é unha iniciativa que favorece a conciliación familiar e laboral. Este servizo de atención á infancia ofrece aos pais e nais traballadores a posibilidade de deixar aos escolares de educación infantil e primaria no centro, con anterioridade ao inicio das clases.

Os beneficiarios deste servizo municipal son os nenos e nenas escolarizados en Allariz cunha idade de 3 a 11 anos, que comprende o período escolar de 4º de educación infantil a 6º de educación primaria.

Información sobre a inscrición: Fogar dos Maiores (Tlfno: 988 554 059).