A partir do próximo 1 de xaneiro reactivarase a necesidade de renovar a demanda de emprego nas datas que indica o DARDE. Como medida excepcional, se a data de renovación está entre o 1 e o 10 de xaneiro, a demanda poderá renovarse ata o 15 de xaneiro.

Xa se enviou o primeiro email informativo ás persoas demandantes de emprego que teñen correo electrónico. Nos próximos días enviaraselles un PIN de 4 díxitos (que é persoal e intransferible) e que lles permitirá renovar a demanda de emprego no portal https://emprego.xunta.gal, mediante chamada telefónica ao 012 (981 900 643) ou nos Puntos de información. O devandito PIN será enviado preferentemente por correo electrónico, ou por SMS para o resto de usuarios. Tamén se comunicarán as datas de renovación polas mesmas canles.

A partir da semana do 21 de decembro, o DARDE incluirá o PIN.

En resumo, a partir do 1 de xaneiro de 2021 será posible renovar a demanda de emprego polos seguintes medios:

  1. A través da Oficina Virtual do Portal de Emprego de Galicia (emprego.xunta.gal), á que se pode acceder co certificado dixital, DNI-e ou solicitando o usuario e contrasinal nunha oficina de emprego.
  2. Desde o teléfono móbil, empregando a aplicación Mobem, dispoñible para Android e iOS.
  3. Empregando o PIN de 4 díxitos no portal https://emprego.xunta.gal/portal/gl/renovacion-pin (sen necesidade de autenticarse, como pasa na cita previa) ou mediante unha chamada telefónica ao número 012 (981 900 643).
  4. Nos Puntos de información dos concellos ou das oficinas de emprego, mediante a impresión dactilar ou PIN. Poden consultar a localización dos Puntos de Información no teléfono 012 ou no Portal de Emprego de Galicia.