As instalacións exteriores localizadas no Campo de Vilanova, que contan cunha piscina grande e outro vaso máis pequeno, estarán abertas a partir deste venres. Os horarios de apertura das instalación serán de luns a venres de 09:00h ás 21:00h e sábados, domingos e festivos de 12:00 ás 20:00h. As piscinas exteriores estarán abertas ao público de de 12:00h ás 21:00h, de luns a venres e en fin de semana e festivo a hora de peche é as 20:00h.

Os usuarios accederán por quendas, segundo a normativa vixente do momento respectando sempre as capacidades marcada por lei. Para acceder ao ximnasio e da piscina climatizada continuarán con cita previa. Para pedir a cita deberán chamar ao 988 442 083.

Por outra banda, dende a Concellería de Deportes, informan que volven  as Escolas Deportivas Municipais de Verán. Haberá piragüismo, cursos de natación, padel e tenis e volei praia. Para información das escolas ou inscrición poderase chamar á Piscina Municipal no 988 442 083 ou na propia instalación.

 

 

Cámping Hípica Os Invernadeiros

 

O cámping Hípica  os invernadeiros abre as súas portas despois do parón de temporada baixa este venres 18 de xuño de cara a campaña de verán 2021, xestionado por Reatur,.

Un espazo situado nas beiras do río Arnoia, conta cunha pequena zona de recreo  infantil, parcelas, bungalós e unha ampla cafetería con dúas terrazas exteriores.

Ademais as  instalacións da  hípica está no mesmo espazo e conta con cursos para distintos niveis e a posibilidade de poder dar cos pequenos un paseo en poni.

Para máis información e reservas 988 442 006 ou en reatur@allariz.gal.