A Piscina Municipal de Allariz permanecerá pechada dende o sábado 11 de xuño ás 14:00h ata o 19 de xuño, inclusive, como ven sendo habitual nos últimos anos.

Esta semana de peche aproveitarase para facer melloras de acondicionamento no interior das instalacións.

O 20 de xuño retomará a apertura ao público xa coas piscinas exteriores abertas.

O horario será como en anos pasados, de luns a venres de 09:00h ás 21:00h e sábados, domingos e festivos de 12:00 ás 20:00h.

As piscinas exteriores estarán abertas ao público de de 12:00h ás 21:00h, de luns a venres e en fin de semana e festivo a hora de apertura será das 12:00h ás 20:00h.

Por outra banda, dende a Concellería de Deportes, informan que volven as Escolas Deportivas Municipais de Verán. Haberá piragüismo, cursos de natación, padel e tenis e volei praia. Para información das escolas ou inscrición poderase chamar á Piscina Municipal no 988 442 083 ou na propia instalación a partir do día 20 de xuño.