Allariz celebra o Nadal, dende o 18 de decembro ao 6 de xaneiro, cunha programación chea de actividades para todos os públicos.

As Áreas Municipais, implicadas nesta programación de 2020, presentaban na mañá de hoxe todas as actividades que dende Concello de Allariz teñen preparadas para estas festas.

As actividades programadas que irán dende cinema, actividades infantís, concertos, obras de teatro, actividades deportivas, maxia e outras propostas farán que os asistentes as mesmas gocen deste Nadal tan atípico que nos tocou vivir.

A Casa da Cultura de Allariz acollerá as proxeccións de varias películas películas, dúas para público infantil e dúas atractivas proxeccións  para maiores de 12 anos.

“ Una mujer fantástica” que  fala da realidade transxenero e foi gañadora mellor película de fala non inglesa na 90.ª edición dos premios Oscar.

E “ A Illa das mentiras” película dirixida pola galega Paula Cons, que recupera a  historia de María, Josefa y Cipriana, mulleres que salvaron a vida de medio centenar de persoas no 1921.

 Tamén  a destacar o concerto da banda Pauliña, capitaneada pola cambadesa Paula Chaves   que presentará o día 2 de xaneiro o seu  segundo disco de estudo. A Malfalada   que mestura a música country e o rock co folk galego.

A maxia este Nadal virá da man do Mago Teto, que se o tempo acompaña, será ao aire libre no Campo dos Brancos. O teatro tamén terá cabida neste Nadal en Allariz, coa representación de sendas obras os días 20 e 26 de decembro.

A Área de Deportes organiza a Derradeira Solidaria dende o 24 de decembro ao 6 de xaneiro. Será unha actividade distinta a que estamos acostumados. Debido a situación sanitaria derivada da Covid-19, dende a organización decidiuse que neste 2020 a xa tradicional proba que se realiza o último día no ano, na que adultos e cativos participan se leve a cabo de forma distinta.

Este ano será unha inscrición solidaria como sempre, na que as persoas que se anoten a participar deberán entregar un quilo de comida. O cambio, ven na forma de participar que será de maneira individual. Cada dorsal deberá facer a proba por libre. O que se pretende con esta derradeira solidaria e fomentar o deporte individual evitando as aglomeracións.

Os cativos e cativas terán varias actividades este Nadal como un campionato de billarda, unha xincana de pistas e unha recepción coas súas maxestades.

A Visita dos reis non será como os anos pasados xa que non haberá cabalgata, pero os nenos alaricanos poderán saudalos, gardando as distancias de seguridade.

Para rematar dende a Area de Mocidade organizan tamén  o  innovador obradoiro  Youtubeiras Concienciadas e un campionato de Arume  Xogal ( o trivilal galego) do 26 ao 6 de xaneiro.

Toda una cheas de actividades para este Nadal tan diferente.

Maís info en www.allariz.gal/nadal