Allariz celebra o Nadal, dende o 20 decembro ao 5 de xaneiro, cunha programación chea de actividades para todos os públicos.

A veciñanza e aos/ás visitantes gozarán de concertos musicais, monólogos de humor, obradoiros e outras actividades propias destas datas como a carreira A Derradeira Solidaria que despide o ano ou a cabalgata de Reis.

O pavillón do IES de Allariz acollerá, como é habitual, unha nova edición do NadalParc entre o 26 de decembro e o 3 de xaneiro. Os nenos e nenas de ata 12 anos poderán divertirse nos inchables, nas zonas de xogo e nos obradoiros que se desenvolverán neste espazo.