A Casa da Mocidade do Concello de Allariz presenta a programación de outono para mozos e mozas.

As actividades programadas para este outono irán do 26 de setembro ao 19 de decembro, cun amplo abano de actividades para todos os gustos.  Youtubeiras, cinema, saídas a natureza, escape room, magosto e obradoiros compoñen a programación deste Outono na Mocidade.

Todas as actividades están abertas ao público de todas as idades, con preferencia no caso de límite de prazas, a mocidade de 13 a 33 anos. A inscrición e información sobre as actividades será a través do correo mocidade@allariz.gal.

O desenvolvemento das actividades seguirán todos os protocolos e recomendacións sanitarias pola COVID-19  con aforos limitados.

Por outra banda o prazo de matriculación nos cursos de batucada adulta e infantil, guitarra e percusión está aberto. O inicio dos cursos está a espera  da evolución sanitaria da Covid-19.

Consulta a programación  ▶️▶️▶️ ACTIVIDADES EN OUTONO DA CASA DA MOCIDADE DE ALLARIZ