Durante o ano pasado en Allariz recolléronse 3650kg de residuos de fritir, a falta dos datos do mes de decembro, fronte os 3310kg que se recolleron no 2020. Estes datos supoñen a falta de completar o último mes do ano, un incremento do 10% con respecto o ano anterior.

Os colectores habilitados para depositar estes residuos están distribuídos por Allariz en 13 puntos. Con esta recollida de residuos evitouse a contaminación de 4.015.000 litros de auga

Os responsables municipais aspiran a seguir subindo as porcentaxes de reciclaxe en Allariz neste 2022.