Neste mes está a executarse a ampliación do local social de San Mamede de Urrós en Allariz. Esta vivenda foi adquirida e rehabilitada polo Concello de Allariz, dentro do programa de dotación de locais públicos nas diferentes parroquias do concello.
A obra de ampliación, axudará a mellorar as infraestruturas para o desfrute da veciñanza da zona. San Mamede de Urrós conta con dúas asociacións, unha veciñal e outra de mulleres que programan as súas actividades no local social municipal.
O proxecto que está nun estado avanzado, inclúe a ampliación do patio para convertelo nunha nova sala acristalada, e a mellora da cuberta. Cun importe total de 27.000 € , a obra está financiada nun 61% polo Concello de Allariz e nun 39% pola Xunta de Galicia.