Joaquín Dacosta é o artista que exporá do 27 de xullo ao 11 de agosto na Paneira en Allariz. Orixinario da provincia de Ourense, presenta a súa exposición de pintura e escultura realista.

A súa traxectoria vénlle desde moi pequeno ao que sempre lle gustou moldear e dar forma a calquera anaco de madeira. En canto á pintura tamén desde moi temperá idade, presentouse a diferentes certames de pintura a nivel Provincial e Autonómico, obtendo primeiros e segundos premios en diferentes períodos.

Por diferentes razóns, abandona esta actividade durante un tempo e cando cumpre 30 anos decide retomala.

Inicialmente céntrase na madeira, onde pensa que con cada obra tallada é unha nova oportunidade de vida, buscando con cada traballo un reto de superación e aprendizaxe.

En canto á pintura retómaa uns anos mais tarde e da man do seu mentor o gran pintor onubense Faustino Rodríguez de quen aprendeu a mellorar as súas técnicas.

Poderase desfrutar da súa obra en horario de martes a venres de 19:00h ás 21:00h e sábado e domingo de 12:00h ás 14:00h e de 19:00h ás 21:00h na sala da Paneira.