A Semana Santa ao Vivo en Allariz,que agarda unha alta ocupación, inclúe na súa programación varios mercados de artesanía e gastronomía.

O patio do Museo do Coiro acollerá, como é habitual, dende o xoves ata o domingo, o Mercado de Artesanía no que participan artesáns de Allariz. Unha decena de artistas exporán as súas obras feitas en coiro, cerámica ou pedra, entre outros.

O Mercado da Reserva da Biosfera ampliará o seu horario e abrirá o venres e sábado de 10:00h a 14:00h. As persoas visitantes ademais de mercar os produtos da reserva da biosfera, como o queixo do Rexo, o pan artesán, leite ecolóxica, mel, hortalizas ou produtos elaborados con castañas, poderán degustar, de xeito gratuíto, pratos elaborados na sesión de cociña en vivo.