Entre os meses de xaneiro a setembro do 2020  unhas  16.051 persoas pasaron pola oficina de turismo de Allariz, segundo os datos recollidos nas instalación municipais. En canto a procedencia dos visitantes ,a meirande parte  neste ano proceden do resto do estado (59 %) sobre todo de Madrid, Castela e León e País Vasco.Os galegos supoñen un 38 % do total principalmente de A Coruña e Pontevedra, no tocante as visitas en grupo supoñen un 7,6 % sobre o conxunto.

Tendo en conta as circunstancias deste ano derivadas da covid-19, o peche da oficina de turismo durante case 2 meses e a redución do aforo que foi do 50%  a hora de atender o balance é máis que positivo, afirman os técnicos de turismo.

Patrimonio, natureza, a rede comercial e hostaleira así como o calendario de eventos que se leva a cabo en Allariz durante todo o ano son, entre outros, os atractivos  por excelencia que fan de Allariz un destino turístico consolidado e referente en Galicia.  Segundo explican os técnicos da instalación municipal “os/as visitantes achéganse ata Allariz atraídos principalmente  polo  casco histórico as tendas outlets ou os museos, ademais da programación cultural e lúdica.

Dende o Concello de Allariz valoran moi positivamente este verán tan atipico  que, segundo afirma María López, Concelleira de Turismo, “amosa que Allariz  pese as tendencias que se marcaban  ten potencial para ser un destino atractivo en calquera época do ano e baixo calquera circunstancia, Allariz é o modelo  de destino perfecto que esixe a difícil situación vivida e así o reflicten o número de visitantes que acudiron a Allariz nesta tempada”.

O turista demandou sobre todo actividades ao aire libre e rutas que eles mesmos puidesen autoxestionar,coma o Roteiro Arqueoloxico de Santa Mariña e  as escavacións da Cibdá romana de Armea que este verán viron incrementadas en gran medida as visitas.

En canto as visitas guiadas ao Casco Histórico de Allariz que se realizaron todos os sábados do mes de Agosto, dende a oficina de Turismo o balance tamén foi moi positivo cubrindo o aforo  en case todas as quendas.

Os museos seguiron sendo una visita obrigada para todas as persoas que se achegaron a Allariz, Sendo o museo do xoguete o máis visitado seguido polo museo da moda e o do coiro.

Tanto comercio coma hostalería, mostran a súa satisfacción por una tempada que ninguén esperaba que fose tan positiva e con tanta afluencia de xente na vila.