Dende a Axencia Galega de Doazón de Sangue, piden a todo aquel que poida e que estea san, que non tivera febre nin afeccións respiratorias nos últimos días, que acuda a doar. Enfermos con cancro, urxencias por accidentes de tráfico ou doentes crónicos son algúns exemplos dos que precisan sangue. Lémbrannos que as salas de doazón e as unidades móbiles son espazos seguros e que podemos acudir con tranquilidade.

O mércores 18 de marzo estará a unidade móbil no Campo da Barreira de Allariz para que toda persoa que queira doar, se achegue ata alí con total tranquilidade. O horario para facer a túa doazón será de 10:00h ás 14:30h e de 16:00 a 21:00h.