Logo dun 2020 complicado, no que houbo un estado de alarma a nivel estatal derivado da crise sanitaria pola Covid-19, os datos de recuperación de vidro no Concello de Allariz son bastante significativos, cun total de 209.830kg recollidos.
Revisados mensualmente, observase como hai un incremento moi importante a principios do 2020 ligado o Nadal de 2019 con 18.360kg.

Durante os seguintes meses, coincidindo co confinamento hai unha forte baixada ligada ao peche da hostalería na primavera.

Os datos de reciclaxe de vidro experimentan  unha forte subida o rematar o estado de alarma, chegando a uns datos históricos de agosto.

Ca entrada do outono, os datos experimentan unha baixada coincidindo de novo co empeoro da situación sanitaria, recuperándose cara finais de ano aínda que non se chega aos datos de 2019.

Allariz pecha o ano, de reciclaxe de vidro, cun leve incremento de 2500 kg en termos absolutos, aínda que tamén e certo que co incremento de poboación que tivo Allariz no 2020 , en kg/habíante, existe unha lixeirísima baixada, ligada sen dúbida os períodos de restrición na hostalería.

Nembargante, o comportamento anual indícanos o forte compromiso existente por parte da veciñanza e a hostalería na reciclaxe-recuperación  do vidro no noso concello.

Queda espazo para a mellora e neso estaremos no 2021.