A Casa do Concello de Allariz acolleu na mañá de hoxe a presentación da XI Marchas Ciclistas Unificadas que neste 2023 comezará en Allariz.
Ao acto de presentación acudiron a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid e o concelleiro de Deportes Carlos Puga. Estiveron acompañados polo presidente de Fademga, Eladio Fernández e representación da Xunta de Galicia. Tamén asistiron ao acto os membros da asociación colaboradora “As Burgas”.
Cristina Cid agradeceu a organización que escollera Allariz para dar comezo a XI Marchas Ciclista Unificadas. Tamén felicitou a organización pola traballo realizado para que a sociedade coñeza o dereito que toda persoa ten a realizar calquera actividade, independentemente das súas capacidades.
Asi mesmo Eladio Fernández, agradecía a alcaldesa a acollida e resaltaba a importancia que ten a institucións públicas para realizar actividades coma estas.
O 5 de outubro de 2023 empezará a Marcha Ciclista Unificada en Allariz, esta iniciativa de Special Olympics Galicia en colaboración con diversas entidades sociais e clubs ciclistas.
A marcha ciclista, que marca o comezo dunha semana dedicada a promover a inclusión e a visibilidade de persoas con discapacidade en Galicia, partirá ás 10:15 horas desde o Campo de Fútbol Luís Cid Carriega, no Seixo.
O percorrido da xornada inaugural abarcará un total de 19,5 quilómetros, estendéndose tamén ao veciño concello de Xunqueira de Ambía. Os ciclistas iniciarán a súa travesía en Allariz, pasando por a Rúa Seixo, Avenida Rosalía de Castro, Rúas Emilia Pardo Bazán e Don Pepe Puga. A ruta continuará por Xunqueira de Ambía, incluíndo tramos por Estrada da Xunqueira e a Praza San Rosendo, antes de regresar a Allariz a través da Rúa do Seixo e o Campo de Fútbol de onde partiron.
Esta iniciativa ten como obxectivo principal eliminar as barreiras físicas e psicolóxicas que ás veces enfrontan as persoas con discapacidade na sociedade actual. A través do deporte, Special Olympics Galicia e os seus colaboradores buscan crear un espazo deportivo unificado onde todos teñan a oportunidade de participar en igualdade de condicións.
O acto inaugural en Allariz estará cheo de emoción e solidariedade, demostrando que xuntos, co apoio adecuado, todos somos capaces de formar unha comunidade inclusiva e respectuosa. Como reza o lema de Special Olympics: “Quero gañar, pero se non podo, déixame ser valente no intento”.
A Marcha Ciclista Unificada continuará o seu percorrido por outras localidades galegas durante esta semana de inclusión deportiva, promovendo unha mensaxe de unidade, diversidade e aceptación en toda a rexión.
Para obter máis información sobre a Marcha Ciclista Unificada e as actividades programadas, podes consultar a páxina web de Special Olympics na que atoparás máis información sobre o evento. , Eladio Fernández, estará acompañado por representantes de institucións galegas e entidades colaboradoras.